XIII Concurso de Fotografía "No Peirao"

XIII Concurso de Fotografía "No Peirao"
Premios: 200 euros
Fecha apertura: 25 mar de 2026, 06:06
Fecha límite: 21 abr de 2026, 02:00 (Faltan 13 días, 13 horas, 28 minutos)
Participantes: Desde 18 Hasta 100 años. Nacional
Obra:

Traducción automática realizada por el Traductor de Google. Recomendamos descargar las bases originales.

Bases

XIII Concurso de Fotografía

“No peirao”

Museo Liste - Etnográfico de Vigo

2026

Bases

  1. Aspectos xerais:XIII Concurso de Fotografía convocado polo Museo Liste de Vigo co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos (18 de maio). O concurso pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos, artísticos, etnográficos e antropolóxicos.

As fotografías a concurso serán valoradas atendendo, principalmente, a tres criterios:

  • Estético: valorarase a beleza da fotografía e a sensibilidade á hora de recoller certos aspectos que singularicen e dignifiquen o elemento fotografado.
  • Técnico: valoraranse aspectos asociados á técnica desta arte.
  • Documental: valorarase que as fotografías presentadas acaden o valor de documento gráfico como forma de recoller e difundir coñecemento.
  1. Temática: “No peirao”: a nosa proposta temática ten como protagonista o porto, elemento construtivo que vencella mar e terra; refuxio e meta para os que chegan; lembranza futura para os que parten; e, como non, fervedoiro de tarefas cotiás: a descarga de peixe, o arranxo dos aparellos, a construción naval, a pesca deportiva, o transporte de pasaxeiros, o deporte, … A súa realidade nos sitúa, a súa simboloxía nos motiva e agardamos que sexa para vós, fotógrafas e fotógrafos, un tema que convide a captar a súa alma.
  2. Prazo de recepción das obras: dende o 1 de febreiro ata o 21 de abril de 2026.
  3. Participantes e número de obras: maiores de 18 anos cun número máximo de tres fotografías presentadas por persoa, se ben nunca recaerán dous premios no mesmo participante.
  4. Presentación das obras, identificación e envío:
  • Han de ser fotografías realizadas ex profeso para o concurso, debendo ser orixinais, inéditas e non presentadas nin premiadas previamente en ningún concurso e manterán esta condición ata o remate do proceso concursal. Quedarán excluídas as fotografías que non conserven os datos que permitan verificar a súa data de captura.
  • O tamaño da fotografía deberá ser de 30 x 20 cm., cunha resolución mínima de 300 puntos por polgada e en formato jpeg (poderá ser requirido o formato RAW se fora necesaria comprobación do cumprimento destas bases). Non se admitirán fotomontaxes. Tampouco se admitirán fotografías firmadas, con bordes ou marcos.
  • As fotografías serán enviadas por correo electrónico en arquivos adxuntos de xeito individual (un arquivo adxunto por fotografía). O nome do arquivo adxunto será o título da fotografía. No corpo da mensaxe especificaranse os datos do participante que deberán incluír: nome e apelidos; enderezo postal (domicilio, código postal, poboación e provincia); enderezo de correo electrónico e teléfono de contacto, así como o título da obra que, como se refire anteriormente, tamén se fará constar no título do arquivo adxunto.
  • O enderezo de envío é : didactica@museoliste.org. Confirmarase recepción.
  • Os autores responsabilizaranse da autoría e orixinalidade das obras presentadas, de que non existan dereitos de terceiros sobre as mesmas e de calquera reclamación que por dereitos de imaxe puidera formularse. A este respecto, será necesario cumprimentar un formulario que se poderá descargar desde a dirección https://museoliste.org/blog/ e que se enviará firmado, a través de calquera medio, sempre que nas fotografías figuren persoas recoñecibles ou lugares para o que sexa preceptiva a petición de permiso de fotografado.
  • É imprescindible o cumprimento das presentes bases sendo responsabilidade do autor que as obras se axusten a elas. O Museo non responderá consultas sobre a pertinencia das obras enviadas en canto a formatos, temática e outras cuestións que só o xurado analizará no momento da resolución do concurso.
  1. Selección de obras, xurado e fallo: o xurado encargado de seleccionar as obras gañadoras estará formado por varios expertos en fotografía, un experto en etnografía e patrimonio, un membro do padroado da Fundación Liste e un membro do persoal técnico do museo. O fallo do xurado será comunicado aos gañadores vía telefónica e publicado no blog do museo (https://museoliste.org/blog/) e en prensa a partir do 7 de maio de 2026.
  2. Premios: establécense 3 premios. Un primeiro premio dotado con 200 euros en metálico e dous premios máis que recibirán unha figura conmemorativa.

A entrega de premios realizarase o día 17 de maio, “Día das Letras Galegas”, a partir das 12:30 h. na sede do Museo.

  1. Outros:
  • Cesión dos dereitos de reprodución e difusión das fotografías presentadas sempre que se mencione o autor e teña como fin a divulgación e promoción cultural e, en calquera caso, sen ningún tipo de beneficio económico.
  • O feito de participar implica a aceptación íntegra das presentes bases  e, en caso de existir algunha discrepancia na súa interpretación ou valoración, prevalecerá o criterio do Museo.
  • En todo aquilo non previsto nesta bases a Fundación Liste – Museo Etnográfico de Vigo resolverá o que proceda.
  1. Información: a través do teléfono 986244698 ou a través do enderezo didactica@museoliste.org.
Ver más

Información legal

MundoArti requiere un usuario registrado para poder participar. Las personas menores de 18 años pueden participar a través del padre, madre, tutor o representante legal. Crear una cuenta con información falsa es una violación de nuestros términos. MundoArti es un software para participar en convocatorias, concursos y premios. MundoArti no asume responsabilidad alguna sobre cambios realizados en la información, errores de transcripción o desarrollo de la convocatoria. Los solicitantes deben aceptar las reglas y son responsables del contenido legal subido a la web.

Los solicitantes ceden una licencia a MundoArti y a los organizadores de las convocatorias, que es limitada, no exclusiva, irrevocable y gratuita para usar cierta propiedad intelectual, incluido el nombre, el acrónimo y la obra en relación con la convocatoria. Esta licencia es necesaria para promover y dar a conocer los resultados de la convocatoria, realizar las acciones de promoción y comunicación para esta edición o las siguientes.

Los datos de los usuarios registrados a través de MundoArti serán cedidos a los organizadores de los concursos y/o exposiciones con el fin de gestionar la participación de estos en la presente convocatoria. Por favor, contacte con los organizadores para dudas sobre la convocatoria.

Para más información consulte nuestros términos y condiciones legales.

Relacionados

Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para obtener estadísticas sobre los hábitos de navegación del usuario, mejorar su experiencia y permitirle compartir contenidos en redes sociales. Usted puede aceptar o rechazar las cookies.

Puede encontrar toda la información en nuestra Política de Cookies.