XIV CERTAMEN DE ARTE ADICAM “OLLOS DE MULLER ”

XIV CERTAMEN DE ARTE ADICAM “OLLOS DE MULLER ”
Premios: 600 euros
Fecha apertura: 16 abr de 2025, 12:33
Fecha límite: 26 sept de 2025, 13:00 (Faltan 128 días, 23 horas, 40 minutos)
Participantes: Desde 16 años. Internacional
Obra: máx. obras: 2

Traducción automática realizada por el Traductor de Google. Recomendamos descargar las bases originales.

Bases

XIV CERTAME DE ARTE ADICAM “OLLOS DE MULLER ”

 

O XIV Certame queda convocado de acordo ás seguintes bases:

PARTICIPANTES.
A participación no concurso está aberta a todas as persoas maiores de 16 ANOS, sexa cal sexa a súa nacionalidade ou residencia, afeccionadas ou profesionais, que sexan autores das obras presentadas e cumpran co establecido nestas bases. Non poderán resultar premiados os autores gañadores do 1º Premio dos dous últimos anos.

 

TEMÁTICA.
O tema elixido será “OLLOS DE MULLER” As modalidades escollidas para este 14º Certame serán todas as disciplinas coas súas correspondentes técnicas en formato bidimensional sobre un bastidor de plástico, madeira ou similar; que non se faga alusión a ningunha marca comercial, e que de ningún modo o contido da obra sexa ofensivo no máis amplo sentido.

 

NÚMERO.
Cada artista poderá presentar un máximo de dúas obras, terán que ser orixinais sendo descalificadas toda aquelas obras que sexan copias ou adaptacións; e non deben ter sido premiadas en ningún outro certame.

 

FORMATO.
A única limitación ás obras será a do seu tamaño que terá que ser dun máximo de 80 cm o lado máis longo. A presentación terá que ser en formato ríxido que facilite a súa exposición, imprescindible sistema de colgado.
A obra estará acompañada dun sobre co pseudónimo no seu exterior contendo no seu interior a seguinte información:
Nome, apelidos e idade. Enderezo, código postal e poboación. Teléfono de contacto, dirección de correo electrónico, e o título da obra.
No reverso do cadro constará o pseudónimo do autor e o título da obra. As obras non poderán estar firmadas.

 

PRAZO DE INSCRICIÓN.
O prazo para a recepción dos traballos comezará a partir da publicación das presentes bases e concluirá ás 13:00 horas do día 26 de setembro de 2025.
Lugar de presentación das obras para o Certame:
NA SEDE DE CANGAS de luns a venres de 10 a 14 horas e os luns e martes tamén de 17 a 19 (R/Valentín Losada Nº 1 – 1º, “Casa da Bola” 36940 Cangas) ou os mércores de mañá na SEDE DE PONTEVEDRA Rúa Benito Corbal 47Planta 3º local 11 (entrada pola Rúa Javier Puig Llamas) e NA SEDE DE VIGO os xoves de 10 a 13 na Oficina Municipal de Distrito Casco Vello na Rúa Oliva,12.

 

XURADO.
O xurado estará formado por:
Presidente: D. Henrique Prado Miranda .
Vogais: Fina Graña Fernández, Lucía Romaní Fernández y Elena Bangueses.

Secretaria do Xurado: Luz Beloso.
Os membros do Xurado reuniranse a última semana de outubro para deliberar e adxudicar o primeiro, segundo e terceiro premio. O fallo do Xurado darase a coñecer o venres 07 de novembro de 2025 ás 19.00 no local de
Adicam, en Valentín Losada Nº 1, 1º (Casa da Bola) durante a inauguración da exposición “Ollos de Muller”.
O fallo do Xurado será inapelable, e o feito de participar no concurso supón a plena aceptación destas bases.

 

PROPIEDADE DAS OBRAS
A obra premiada co Primeiro Premio pasará a ser propiedade da Secretaría Técnica do Certame.
As obras finalistas do Certame pasarán a formar parte dunha Exposición que se realizará durante o mes de Novembro (do 7 de Novembro ó 28 de Novembro de 2025) na propia sede de ADICAM (Rúa Valentín Losada nº 1 “Casa da Bola” 36940 Cangas). Finalizada a exposición, todas as obras que non fosen premiadas poderán ser
recollidas polos autores ata o 26 de Decembro de 2025.
De non ser recollidas, entenderase que son doadas a ADICAM para lograr fondos para promover a investigación e a prevención do cancro na Comarca do Morrazo.
A participación no Certame implica a aceptación das bases e a autorización da reprodución que se poida facer das imaxes seleccionadas ou gañadoras sempre co fin de difundir os obxectivos que ADICAM promove.

 

PREMIOS
O Primeiro Premio do XIV Certame de Arte ADICAM “Ollos de Muller ” está dotado cun Diploma de Honra, estatuíña gravada do escultor Henrique Prado e a cantidade de 600 € e non se poderá dividir nin se poderá declarar deserto. Os premios están suxeitos a retención fiscal. O Segundo e Terceiro Premio están dotados cun Diploma de Honra.

Ver más

Información legal

MundoArti requiere un usuario registrado para poder participar. Las personas menores de 18 años pueden participar a través del padre, madre, tutor o representante legal. Crear una cuenta con información falsa es una violación de nuestros términos. MundoArti es un software para participar en convocatorias, concursos y premios. MundoArti no asume responsabilidad alguna sobre cambios realizados en la información, errores de transcripción o desarrollo de la convocatoria. Por favor, contacte con los organizadores para dudas sobre la convocatoria. Los solicitantes deben aceptar las reglas y son responsables del contenido legal subido a la web.

Los solicitantes ceden una licencia a MundoArti y a los organizadores de las convocatorias, que es limitada, no exclusiva, irrevocable y gratuita para usar cierta propiedad intelectual, incluido el nombre, el acrónimo y la obra en relación con la convocatoria. Esta licencia es necesaria para promover y dar a conocer los resultados de la convocatoria, realizar las acciones de promoción y comunicación para esta edición o las siguientes.

Para más información consulte nuestros términos y condiciones legales.

Relacionados

31 MAY 25 | ABIERTO
5.000 €
31 JUL 25 | ABIERTO
6.500 €
31 JUL 25 | PRÓXIMAMENTE
MINI PRINT INTERNACIONAL REUS FORTUNY 2025
ASSOCIACIÓ ARS, CULTURA I TÈCNICA
4.200 €

Cookies

Usamos Cookies y otras tecnologías propias y de terceros para hacer funcionar de manera correcta y segura nuestra página web y personalizar su contenido. También las utilizamos para analizar la navegación de los usuarios y poder ajustar la publicidad a sus gustos y preferencias. Política de cookies

Aceptar